Para acceder al 100% del foro, es necesario tener al menos 100 mensajes.Gracias.
Un repoludo gaiteiro de pano sedán vestido, como un príncipe cumprido, cariñoso e falangueiro, antre os mozos o pirmeiro e nas siudades sin par, tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar Sempre pola vila entraba con aquel de señorío, sempre con poxante brío co tambor se acompasaba; e si na gaita sopraba, era tan doce soprar, que ben fixera en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Todas por el reloucaban, todas por el se morrían, si o tiñan cerca, sorrían, si o tiñan lonxe, choraban. ¡Mal pecado! Non coidaban que c'aquel seu frolear tiña costume en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar. Camiño da romería, debaixo dunha figueira, ¡canta meniña solteira «Quérote», lle repetía!... I el ca gaita respondía por a todas emboucar, pois ben fixera en cantar aló pola mañanciña: Con esta miña gaitiña ás nenas hei de engañar Elas louquiñas bailaban e por xunta del corrían, cegas..., cegas, que non vían as espiñas que as cercaban; probes palomas, buscaban a luz que as iba queimar, pois que el soupera cantar aló pola mañanciña: Ó son da miña gaitiña ás nenas hei de engañar. ¡Nas festas, canto contento! ¡Canta risa nas fiadas! Todas, todas, namoradas, déranlle o seu pensamento; i el que de amores sedento quixo a todas engañar, cando as veu dimpois chorar cantaba nas mañanciñas: Non sean elas toliñas non veñan ó meu tocar